Dúbidas frecuentes
A caixa de voz vén preactivada no teu cartón SIM.
Para desactivala:
Marca ##004# e tecla de chamar e ##002# e tecla de chamar.
Para activala:
Marca **67*242# e tecla de chamar e **62*242# e tecla de chamar e **61*242# e tecla de chamar.
Para escoitar as mensaxes da tua caixa de voz:
Marca 242 e tecla de chamar.
Se estás no extranxeiro marca +34633242242 e tecla de chamar.Teclear seguido: *67*556# e chamar (esperar ok) *62*556# e chamar (esperar ok) *61*556# e tecla de chamar.
Só hai que marcar estas secuencias no teclado do teu móbil segundo o tipo de desvío que queiras facer (cada tipo ten un “código de desvío"):
- Para activar o desvío marca: **código desvío * nº destino #
- Para desactivar o desvío marca: ##código desvío #
- Para verificar servizo, marca: *# código desvío #
Tipos de desvío de chamada:
- Para desviar todas as chamadas entrantes: (código de desvío: 21)
- Para desviar cando non respondas o teléfono: (código de desvío: 61)
- Nota: Se queres fixar un tempo de espera antes do desvío (entre 5 a 30 segundos) podes facelo marcando: * 61* nº a desviar o chamada* tempo #
- Para desviar cando o teléfono está ocupado: (código de desvío: 67)
- Para desviar cando o teléfono está apagado ou fóra de cobertura (código de desvío: 62)
Desvío incondicional: *72 nº destino
Desactivar Desvío incondicional: *73
Desvío cando estea ocupado: *90 nº destino
Desactivar Desvío cando estea ocupado: *91
Desvío Non contestación: *92 nº destino
Desactivar Desvío Non contestación: *93
Desactivar TODOS Desvíos: *88
Non con todos os modelos de teléfono é posible a compartición da internet.
Para Android: comproba en Axustes que o teu APN (Nome de Punto de Aceso) se está ben configurada: Nome:Yoigo Internet / APN:internet /En tipo de APN escribir: default, supl /E comproba que o Tipo de Autentificación é CHAP.
Para Iphone: Accede a Axustes/Redes móbiles/Opcións/Redes móbiles/Borra o contrasinal e operador, deixa só Internet.
Se aún así non podes compartir: contacta connosco.
Comproba que os datos do teu móbil están acesos.
Se segues sen conexión: chámanos ao 986750637.
Antes de irche, a primeira vez, chámanos para comprobar que a túa roaming está conectado e comproba na nosa páxina web que destinos están incluídos no roaming gratuíto. (Por exemplo, Andorra e Suíza non o están).
Unha vez que esteas no país estranxeiro, recomendámosche que reinicies o móbil para que detecte cobertura estranxeira, se non a detecta, ve a Axustes no teu móbil e selecciona a primeira rede manual que che apareza dese país.
Se despois de facer o anterior non consegues conexión, chámanos ao 986750637.
Conexión por cable:
• Vantaxes:
o Maior velocidade e estabilidade: A conexión por cable ofrece velocidades máis altas e consistentes que o wifi, ideal para actividades que demandan ancho de banda, como xogar en liña, ver streaming en alta definición ou descargar arquivos grandes.
o Menor latencia: A latencia é o tempo que tarda un sinal en ir desde o teu dispositivo ata o seu destino e viceversa. Unha menor latencia é moi importante para actividades que requiren tempos de resposta rápidos, como os videoxogos ou as videollamadas.
o Maior seguridade: As conexións por cable son menos propensas a interferencias e hackeos que as wifi.
• Desvantaxes:
o Menos mobilidade: Ao estar conectado por cable, non pode moverse libremente pola casa.
o Instalación máis complexa: Require a instalación de cables, o que pode ser antiestético e pouco práctico.
Conexión wifi:
• Vantaxes:
o Maior mobilidade: Pode conectarse a internet desde calquera lugar da túa casa cun dispositivo wifi.
o Instalación máis sinxela: Non require a instalación de cables, polo que é máis fácil de configurar e usar .
o Comodidade: Ideal para dispositivos portátiles como smartphones e tablets.
• Desvantaxes:
o Menor velocidade e estabilidade: A velocidade e estabilidade do wifi poden verse afectadas pola distancia ao router, as interferencias doutros dispositivos, as paredes ou obstáculos entre o router e os dispositivos e a conxestión da rede.
o Maior latencia: A latencia do wifi adoita ser maior que a da conexión por cable. o Menor seguridade: As redes wifi son máis vulnerables a interferencias e hackeos que as conexións por cable.
O router tamén asigna direccións IP a cada dispositivo para que poidan comunicarse entre si e con internet.
Para contratar unha velocidade máis ou menos rápida, dependerá da cantidade de dispositivos que vaian estar conectados á vez e da rapidez que se necesite.