Dúbidas frecuentes

1Caixa de voz

A caixa de voz vén preactivada no teu cartón SIM.

Para desactivala:

Marca ##004# e tecla de chamar e ##002# e tecla de chamar.

Para activala:

Marca **67*242# e tecla de chamar e **62*242# e tecla de chamar e **61*242# e tecla de chamar.

Para escoitar as mensaxes da tua caixa de voz:

Marca 242 e tecla de chamar.

Se estás no extranxeiro marca +34633242242 e tecla de chamar.

2Quero activar as chamadas perdidas cando estou fora de cobertura

Teclear seguido: *67*556# e chamar (esperar ok) *62*556# e chamar (esperar ok) *61*556# e tecla de chamar.

3Desvío de chamadas liñas móbiles

Só hai que marcar estas secuencias no teclado do teu móbil segundo o tipo de desvío que queiras facer (cada tipo ten un “código de desvío"):

  1. Para activar o desvío marca: **código desvío * nº destino #
  2. Para desactivar o desvío marca: ##código desvío #
  3. Para verificar servizo, marca: *# código desvío #

Tipos de desvío de chamada:

  1. Para desviar todas as chamadas entrantes: (código de desvío: 21)
  2. Para desviar cando non respondas o teléfono: (código de desvío: 61)
    • Nota:  Se queres fixar un tempo de espera antes do desvío (entre 5 a 30 segundos) podes facelo marcando: * 61* nº a desviar o chamada* tempo #
  3. Para desviar cando o teléfono está ocupado: (código de desvío: 67)
  4. Para desviar cando o teléfono está apagado ou fóra de cobertura (código de desvío: 62)
4Desvío de chamadas liñas fixas

Desvío incondicional: *72 nº destino

Desactivar Desvío incondicional: *73

Desvío cando estea ocupado: *90 nº destino

Desactivar Desvío cando estea ocupado: *91

Desvío Non contestación: *92 nº destino

Desactivar Desvío Non contestación: *93

Desactivar TODOS Desvíos: *88

5Compartir internet

Non con todos os modelos de teléfono é posible a compartición da internet.

Para Android: comproba en Axustes que o teu APN (Nome de Punto de Aceso) se está ben configurada: Nome:Yoigo Internet / APN:internet /En tipo de APN escribir: default, supl /E comproba que o Tipo de Autentificación é CHAP.

Para Iphone: Accede a Axustes/Redes móbiles/Opcións/Redes móbiles/Borra o contrasinal e operador, deixa só Internet.

Se aún así non podes compartir: contacta connosco.

6Non teño internet no móbil e cambiei de terminal

Comproba que os datos do teu móbil están acesos.

Se segues sen conexión: chámanos ao 986750637.

7Vou ao estranxeiro

Antes de irche, a primeira vez, chámanos para comprobar que a túa roaming está conectado e comproba na nosa páxina web que destinos están incluídos no roaming gratuíto. (Por exemplo, Andorra e Suíza non o están).

Unha vez que esteas no país estranxeiro, recomendámosche que reinicies o móbil para que detecte cobertura estranxeira, se non a detecta, ve a Axustes no teu móbil e selecciona a primeira rede manual que che apareza dese país.

Se despois de facer o anterior non consegues conexión, chámanos ao 986750637.

8Non me da tempo a contestar as chamadas
Podes aumentar os tonos marcando: **61*633**30# e tecla de chamar.
Acceso clientes